Información    Como facerse socio/-a do GDR?
Como facerse socio/-a do GDR?
Poden participar como socios/-as do GDR todas as entidades públicas ou privadas que desenvolvan a súa actividade nos 15 concellos comprendidos dentro da Mancomunidade da área Intermunicipal de Vigo (a excepción dos concellos de Salcede de Caselas e Salvaterra de Miño) e da comarca do Baixo Miño.

O GDR debe cumprir o principio de “portas abertas”, polo que a asociación ten a obrigación de admitir a calquera organización do seu territorio que queira participar, debendo esta demostrar exercer a súa actividade cunha antigüidade mínima dun ano no territorio previa a súa admisión.

A entidade que desexe participar no GDR, debe presentar os modelos normalizados cubertos axeitadamente no rexistro do GDR. Unha vez rexistrados, solicitarase á Xunta Directiva a admisión de novos socios/-as, sendo finalmente a Asemblea Xeral a que proceda á ratificación da incorporación de novos socios/-as. A partir dese momento, calquera entidade que manifestase expresamente o seu desexo de formar parte do grupo que teña entregada a documentación pertinente, formará parte como socio/-a do GDR, e terá a posibilidade de formar parte da Xunta Directiva, e asistir e participar nas mesas sectoriais e de exercer o seu dereito a voz e voto na Asemblea Xeral.

Ficha básica socio
Rexistro entrada de solicitude de incorporación
Acordo de solicitude de ingreso
Capacidade de obrar


GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.