|
|||||||||
Proxectos Proxectos "Leader" |
Dinamización do sector agrario forestal PROMOTOR: Adega do Vimbio S.LADEGA EIDO DO CASENDO TÍTULO DO PROXECTO: Adega Eido do Casendo PARROQUIA: Goián CONCELLO: Tomiño ORZAMENTO ELIXIBLE: 54.125,26 € IMPORTE DA AXUDA: 15.100,95 € RESUMO DO PROXECTO: O proxecto consiste na creación dunha nova adega nunha das parcelas propiedade do promotor anexa á plantación de viño albariño que xa posúe na parroquia de Goián, no Concello de Tomiño. A idea da creación desta nova adega xurde da necesidade detectada polo promotor, para poder sacar un valor engadido á plantación que xa tiña con anterioridade. Durante anos, estiveron vendendo a uva que producían nas súas fincas a outras adegas da zona, pero tendo en conta os prezos do mercado e as necesidades da plantación para producir para ditas adegas, o propietario decide crear a súa propia adega, para elaborar un novo viño albariño, cunha producción máis sostible e de alta calidade. Galería fotográfica |
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL |
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados. | Galego Español English |