|
|||||||||
Proxectos Proxectos "Leader" |
Dinamización do sector agrario forestal
AMPLIACIÓN DE EXPLOTACIÓN CON INVERNADEIRO PARA PLANTA DE HORTA EN SANTA MARÍA DE TEBRA
IMPORTE DA AXUDA: 16.244,38 € RESUMO DO PROXECTO: O proxecto consiste na ampliación dunha explotación xa existente en Santa María de Tebra, con un invernadeiro que se dedicará á sementeira e posterior venda de planta de horta. A promotora conta con amplia experiencia no ramo xa que traballou durante moitos anos en diversos invernadeiros de flor e planta ornamental da zona do Baixo Miño. No ano 2010 creaou a súa propia empresa, dedicándose ata o momento á plantación de planta ornamental e flor para corte. A ampliación supón para a súa empresa a inmersión nunha nova área da agricultura como é a da horta, xa que ante a escasa oferta existente en toda a comarca para acceder a planta para productos de horta dentro do propio territorio, a promotora encontra nesta nova actividade un nicho de mercado que ata o momento se atopa libre. Galería fotográfica |
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL |
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados. | Galego Español English |