Proxectos    Proxectos "Leader"
Dinamización do sector agrario forestal
PROXECTO BONABAL DE KIWI AMARELO
PROMOTOR: Kiwi Atlántico Fincas S.L.
TÍTULO DO PROXECTO: Proxecto Bonabal: Plantación de Kiwi Amarelo en Burgueira
PARROQUIA: Burgueira
CONCELLO:Oia
ORZAMENTO ELIXIBLE: 690.088,62 €
IMPORTE DA AXUDA: 229.799,51 €
RESUMO DO PROXECTO:
O proxecto, de natureza produtiva, consiste na creación dunha explotación agraria de 18 hectáreas na parroquia de Burgueira, Concello de Oia, cunha nova variedade de Kiwi, caracterizado pola súa cor amarela, denominada Jingold. A finalidade deste proxecto é diversificar a produción de kiwi na Comunidade Autónoma de Galicia, introducindo desta maneira un novo cultivo no país.
Os terreos para a execución do proxecto, foron cedidos pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Burgueira, por un período de 30 anos. A produción desta plantación será comercializada directamente pola propia empresa promotora do proxecto.


Galería fotográfica
Proxecto Bonabal 01
Proxecto Bonabal 02
Proxecto Bonabal 03
Execución Bonabal 04
Execución Bonabal 05
Execución Bonabal 06
Execución Bonabal 07
Execución Bonabal 08
Execución Bonabal 09
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.