Proxectos    Proxectos "Leader"
Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida
RUTA ARQUEOLÓXICA POR COUSO
PROMOTOR: COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE COUSO
TÍTULO: RUTA ARQUEOLÓXICA POR COUSO
PARROQUIA: COUSO
CONCELLO: GONDOMAR
ORZAMENTO ELEXIBLE: 24.489,06 €
IMPORTE DA AXUDA: 11.754,76 €
RESUMO DO PROXECTO:

O proxecto de natureza non produtiva consiste na creación dunha ruta arqueolóxica e toponímica polo monte da parroquia de Couso, integrando aspectos lúdico-recreativos con aspectos culturais e patrimoniais.

En concreto, está previsto acometer as seguintes actuacións:

-          - Prospección, limpeza e documentación dos elementos arqueolóxicos (previo estudo documental).

-          - Documentación gráfica dos petróglifos.

-          - Acondicionamento e limpeza forestal dos petróglifos, das mámoas, do castro e do sendeiro “integrador”.

-          - Colocación dunha varanda no miradoiro.

-          - Sinalización da ruta.

Os terreos onde se vai executar o proxecto son propiedade da propia Comunidade de Montes e están situados á beira da estrada que conecta Gondomar con Tui.

O proxecto é de fácil acceso ao público e conta cunha zona de aparcamento no miradoiro existente dende o que pode observarse a bahía de Baiona coas illas Cíes ao fondo.

Partindo de dito aparcamento podemos chegar a través dun sendeiro monte abaixo á zona dos petróglifos e das mámoas e a través doutro sendeiro monte arriba chegaríamos a zona do Castro de Riba.



Galería fotográfica
Ruta Arqueolóxica por Couso 1
Ruta Arqueolóxica por Couso 2
Ruta Arqueolóxica por Couso 3
Ruta Arqueolóxica por Couso 4
Ruta Arqueolóxica por Couso 5
Ruta Arqueolóxica por Couso 6
Ruta Arqueolóxica por Couso 7
COUSO CERTIFICACIÓN FINAL 1
COUSO CERTIFICACIÓN FINAL 2
COUSO CERTIFICACIÓN FINAL 3
COUSO CERTIFICACIÓN FINAL 4
COUSO CERTIFICACIÓN FINAL 5
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.