Proxectos    Proxectos "Leader"
Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida
IMPLANTACIÓN DUN OBRADOR DE ELABORACIÓN ARTESANAL "LATORTA"

PROMOTOR: LATORTA, S.L.
TÍTULO: IMPLANTACIÓN DUN OBRADOR DE ELABORACIÓN ARTESANAL "LATORTA"
PARROQUIA: TORNEIROS
CONCELLO: O PORRIÑO
ORZAMENTO ELEXIBLE: 235.510,00 €
IMPORTE DA AXUDA: 67.826,88 €
RESUMO DO PROXECTO: O proxecto consiste na reforma e adaptación do baixo dun inmoble que se está a construír, co fin de axeitalo á actividade pretendida, que é un obrador de elaboración artesanal especializado en produtos de repostería autóctona, exclusivo e moi especializado. Ademais da reforma pretendida, o proxecto engloba a inversión en bens de equipo, utensilios, mobiliario e elementos informáticos necesarios para desenvolver a actividade como son: fornos, amasadora, fermentadoras, batidora industrial, cazo eléctrico, crecemasas, laminadora, equipo de frío de auga, armario de conxelación, neveira de refrixeración, vitrinas exposición, mostrador de seco, mesas de traballo, básculas, rexistradoras, e equipo informático. O obxecto do proxecto é a implantación dun obrador para a elaboración artesanal dun produto de repostería en forma de torta, elaborado 100% con materias primas de orixe galega. Este produto en forma de torta, será o produto estrela dentro da gama dos distintos produtos de repostería que elaborarán, xa que nas previsións acadará o 80% das vendas brutas do negocio. Preténdese crear un obrador moderno, eficaz, capaz de elaborar de forma artesanal o produto, apoiándose en maquinaria de última tecnoloxía, cumprido as actuais e estritas normativas de trazabilidade e control alimentario.



Galería fotográfica
LaTorta 1
LaTorta 2
LaTorta 3
LaTorta 4
LATORTA 1ª certificación
LATORTA 1ª certificación 2
LATORTA 1ª certificación 3
LATORTA 1ª certificación 4
LATORTA 1ª certificación 5
LATORTA 1ª certificación 6
LATORTA 1ª certificación 7
LA TORTA Certificación Final 1
LA TORTA Certificación Final 2
LA TORTA Certificación Final 3
LA TORTA Certificación Final 4
LA TORTA Certificación Final 5
LA TORTA Certificación Final 6
LA TORTA Certificación Final 7
LA TORTA Certificación Final 8
LA TORTA Certificación Final 9
LA TORTA Certificación Final 10
LA TORTA Certificación Final 11
LA TORTA Certificación Final 12
LA TORTA Certificación Final 13
LA TORTA Certificación Final 14
LA TORTA Certificación Final 15
LA TORTA Certificación Final 16
LA TORTA Certificación Final 17
LA TORTA Certificación Final 18
LA TORTA Certificación Final 19
LA TORTA Certificación Final 20
LA TORTA Certificación Final 21
LA TORTA Certificación Final 22
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.