Proxectos    Proxectos "Leader"
Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida
AMPLIACIÓN DE PEME MEDIANTE A POSTA EN MARCHA DUN SERVIZO DE CATERING
PROMOTOR: TU MENÚ GOIÁN S.L.
TÍTULO: AMPLIACIÓN DE PEME MEDIANTE A POSTA EN MARCHA DUN SERVIZO DE CATERING
PARROQUIA: GOIÁN
CONCELLO: TOMIÑO
ORZAMENTO ELEXIBLE: 111.767,25 €
IMPORTE DA AXUDA: 36.212,59 €
RESUMO: Tu Menú Goián é unha empresa que remonta o inicio da súa actividade a 2006, cando unha das socias crea o seu propio negocio de elaboración de comidas caseiras, destinado a persoas que, debido ás súas tarefas e traballos, non teñen tempo para cociñar. Transcorrido un tempo e ante o éxito da actividade, constitúe xunto coa súa irmá a empresa Tu Menú Goián S.L. no ano 2009.
Tendo en conta que a actividade foi medrando considerablemente, e que era constante a demanda por parte dos clientes dun servizo mais amplo e variado, a finalidade do proxecto é a creación dun servizo de catering como nova actividade da empresa, adicado tanto á celebración de bodas, comunións e banquetes, como festas e actos institucionais e públicos. Ademais deste tipo de actividades, plantéxase tamén como nova particularidade dentro do servizo de catering, o dar servizo de comida caseira e tradicional a comedores escolares localizados na zona e arredores do concello de Tomiño, onde se ubica a empresa.
A este proxecto se lle concedeu o Premio á Excelencia á Innovación da Muller no Rural, do Minisgterio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño na convocatoria 2011.





Galería fotográfica
Tu Menu Goián - 1
Tu Menú Goián - 2
tu Menú Goián - 3
Tu Menú Goián - 4
Tu Menú Goián - 5
AMPLIACIÓN TU MENU 1
AMPLIACIÓN TU MENU 2
AMPLIACIÓN TU MENU 3
AMPLIACIÓN TU MENU 4
AMPLIACIÓN TU MENU 5
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.