Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida RECUPERACIÓN DO MUÍÑO DO MEDIO
PROMOTOR: Comunidade de montes veciñais en man común de Vilar de Infesta TÍTULO DO PROXECTO: Recuperación do muíño do medio PARROQUIA: Vilar de Infesta CONCELLO: Redondela ORZAMENTO ELIXIBLE: 17.532,08 € IMPORTE DA AXUDA: 7.363,47 € RESUMO DO PROXECTO: O proxecto consiste na restauración e posta en funcionamento do muíño do medio co fin de servir de espazo didáctico e divulgativo do uso destas construcións tradicionais. As actuacións previstas están encamiñadas a restaurar, mellorar e conservar o patrimonio cultural e arqueolóxico asociado ao medio rural da parroquia de Vilar de Infesta, mediante a restauración do muíño hidráulico, co fin de incrementar o valor cultural de dita parroquia e fomentar o uso social do espazo forestal asociado.