Proxectos    Proxectos "Leader"
Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida
RECUPERACIÓN DA LEVADA DE CASQUEIROS

PROMOTOR: Comunidade de montes veciñais en man común de Borbén
TÍTULO DO PROXECTO: Posta en valor do patrimonio cultural e natural da Comunidade de montes veciñais en man común de Borbén: Recuperación da levada de Casqueiros
PARROQUIA: Borbén
CONCELLO: Pazos de Borbén
ORZAMENTO ELIXIBLE: 72.047,15 €
IMPORTE DA AXUDA: 45.389,70 €
RESUMO DO PROXECTO: O proxecto ten por obxecto a recuperación do patrimonio natural e cultural do Monte Veciñal en Man Común da parroquia de Borbén (Pazos de Borbén), e concretamente a posta en valor e recuperación de A Levada de Casqueiros. O acondicionamento da levada permitirá o mantemento do sistema de rego tradicional e o fomento dun aproveitamento e consumo responsable da auga mediante o reparto das horas de uso entre os regantes. Asemade, a recuperación destes espazos mediante actuacións encamiñadas a conquerir novos usos compatibles co uso tradicional é unha aposta pola conservación e promoción daqueles valores que definen a nosa cultura e forma de vida no rural galego.
As actuación proxectadas servirán como ferramenta para dinamizar a actividade turística do territorio, mediante unha oferta de ocio respectuosa co medio ambiente e vinculada á conservación do patrimonio natural e cultural.
As actuacións concretas son: a mellora e acodicionamento da levada, co obxecto de manter o seu uso tradicional; conducir aos visitantes, co fin de impedir danos no medio natural mediante o deseño, adecuación e sinalización de un itinerario auto guiado pola propia levada; actuacións de conservación de masa de carballeiras centenarias existentes no entorno; creación dun entorno con contidos didácticos sobre as levadas e os valores ecolóxicos e etnográficos da zona; a difusión do espazo con actuacións de divulgación e o aumento do aspecto recreativo, mediante a creación de pequenas áreas de descanso e pasarelas, recuperación dunha fonte existente e creación de outra e acondicionamento dunha poza.



Galería fotográfica
Levada de Casqueiros 01
Levada de Casqueiros 02
Levada de Casqueiros 03
Levada de Casqueiros 04
Levada de Casqueiros 05
Levada de Casqueiros 06
Levada de Casqueiros 07
Levada de Casqueiros 08
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.