Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
SEMINARIO SOBRE NOVAS EXPECTATIVAS AGROFORESTAIS: A EXPERIENCIA DOS FROITOS DO BOSQUE NOUTROS TERRITORIOS
Froito das inquedanzas de diversos colectivos do noso territorio relacionadas coa plantación de Froitos Vermellos, o GDR organizou no Concello de O Rosal o día 20 de marzo de 2014 un Seminario sobre "Novas Expectativas Agroforestais: A Experiencia dos Froitos do Bosque noutros Territorios"
Para tal evento se contou coa colaboración do Concello de O Rosal e a Deputación de Pontevedra.
Ao seminario acudiron ao redor de 130 persoas interesadas, e as poñencias estiveron a cargo do Xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Bajo Nalón (Asturias), D.Juan Antonio Lázaro Menéndez e dun produtor asturiano cunha ditalada experiencia de máis de 20 anos no sector e pioneiro na comercialización, produción e transformación destes froitos, sendo tamén o Presidente da Cooperativa L´Andecha Praviana e da Asociación Asturiana de Productores de Frutos del Bosque, D.Fernando García Bernardo.
Como resultado deste Seminario, concretáronse proxectos no GDR relacionados coa plantación de Froitos do Bosque e así, no mes de abril de 2015, procedemos á Certificación Final dun expediente subvencionado polo Programa Leader Galicia 2007 - 2013, que consistíu na creación dunha explotación de froitos do bosque (arando, framboesa e grosella) nos Montes de Couso en Gondomar.



Galería fotográfica
Seminario sobre Froitos do Bosque celebradas en O Rosal
Seminario sobre Froitos do Bosque celebradas en O Rosal
Asistentes ao Seminario sobre Froitos do Bosque
Vista Xeral da sala do Concello de O Rosal onde se celebrarou o Seminario
Poñentes durante a celebración do Seminario
Clausura do Seminario sobre Froitos do Bosque
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.