Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
XORNADAS NOVAS ALTERNATIVAS PARA O AGRO: PRODUCIÓN, TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
A idea de organizar estas Xornadas xurde cando dende o GDR detectamos gran cantidade de inquedanzas relacionadas coas explotacións agrarias e forestais, e coa necesidade de dar unha nova visión á producicón de novas especies como á transformación e comercilaización tanto de variedades existentes como das novas introducións.
Consecuentemente, o GDR se puxo a traballar sobre as novas posibilidades para o Agro e desta forma xurdiron estas Xornadas sobre Novas Alternativas para o Agro: Produción, Transformación e Comercialización, que se celebraron na Casa da Cultura de Tomiño o día 15 de Maio de 2014 e ás que asistiron aredor de 200 participantes.
Para o desenvolvemento da Xornada, o GDR contou coa colaboración desinteresada do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e os produtores e empresas locais Tu Menú Goián S.l., Sabores Únicos Distribuidores Oficiales, Froitas do Rosal e Alén do Val, La Torta S.L., Kiwi Atlántico e Suministros Hortícolas Bacelo S.L.



Galería fotográfica
Preparación para a apertura das Xornadas
Apertura da Xornada a cargo da Presidenta do GDR e alcaldesa de Tomiño, Sandra González
Apertura da Xornada a cargo da Presidenta do GDR Sandra González, Javier Blanco, Subdirector Xeral de Agader e Moises Rodríguez, en representación da Deputación de Pontevedra
Poñencia sobre a Castaña de Galicia a cargo de Manuel López Pérez, Coordinador da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia, e moderando Marco García, Xerente do GDR
Asistentes á Xornada
Asistentes ás xornadas
Decoración do espazo para as xornadas por cortesía de Suministros Hortícolas Bacelo S.L.
Poñencia sobre Especies cultivables en Galicia para a diversificación da produción frutícola a cargo de Carmen Salinero Corral da Estación Fitopatolóxica de Areeiro e moderando Martín Fernández de Kiwi Atlántico, Secretario do GDR
Recepción e inscripción de asistentes
Pausa - Café por cortesía de Tu Menú Goián, Sabores Únicos, Foitas do Rosal, Alén do Val, La Torta S.L., Cafes Illy e Kiwi Atlántico
Pausa - Café por cortesía de Tu Menú Goián, Sabores Únicos, Foitas do Rosal, Alén do Val, La Torta S.L., Cafes Illy e Kiwi Atlántico
Pausa - Café por cortesía de Tu Menú Goián, Sabores Únicos, Foitas do Rosal, Alén do Val, La Torta S.L., Cafes Illy e Kiwi Atlántico
Carmen Salinero da Estación Fitopatolóxica do Areeiro durante a súa segunda poñencia sobre os Usos e as Utilidades dos produtos obtidos da Camelia, e moderando Ramón Alonso da Asociación Copo sen Fondo e membro da Xunta Directiva
Asistente ás Xornadas
Rosa Fernández, da C.M.V.M.C  de Reboreda e Membro da Xunta Directiva moderando as ponencias sobre o Cultivo de Lúpulo e a elaboración de Cervexa Artesá
Presentación da mesa sobre Cultivo de Lúpulo e Elaboración de Cervexa a cargo de Rosa Fernández
Belén Malilla Cortes, da Cooperativa LUTEGA, durante a súa intervención sobre a Reimplantación do Lúpulo en Galicia
José Luis Olmedo Nadal, Xestor de Proxectos de I+D+i en Hijos de Rivera Inversiones Cooperativas S.L., na súa intervención sobre os primeiros pasos para a recuperación do Lúpulo en Galicia
Alberte Fernández Pérez, director mestre cervexeiro de Adegas Menduiña, na súa imterveción sobre a Elaboración de Cervexa Artesá
Representantes do Concello de Tomiño asisten ás nosas xornadas
Moderando o inicio da sesión de tarde, Miguel Pazo Paramos, de Vontade e membro da Xunta Directiva do GDR, con Juan Rico Rodríguez, Secretario de Afrugal na súa intervención sobre a Posta en Marcha de Plantacións de Maceiras
Durante a mesa da Mazán, intervención de José Lúis Olmedo Nadal de Hijos de Rivera Inversiones Cooperativas expoñendo as novas liñas de investigación da mazá autóctona en Galicia, o Proxecto Maeloc
Martín Alemparte Vidal, Xerente do GDR Ribeira Sacra e Manuel Mondelo Rodríguez de Adegas Mondelo e Aceiroga, na poñencia sobre o olivo e o aceite, moderada por José Antonio Freaza, da Asociación de Veciños San Amaro e membro da Xunta Directiv
Asistentes degustando aceite de Quiroga durante a poñencia dedidada ao aceite
Uxío Benítez, Concelleiro do Concello de Tomiño, durante a súa moderación da mesa sobre a Mel e a produción de Setas
Alejandro Cendón González, Presidente de Abella Lupa SAT, durante a súa poñencia sobre as Abellas e  Mel
Santiago Liñeira Casal, Presidente de SAT Fungocerga na súa intervención sobre a introducción ao cultivo de Shiitake, Cogumelos e Micorrización
Marco Garcia, Xerente do GDR moderando a mesa sobre Mirabel e Comercialización de Froita Fresca
Salvador Martínez, xerente da empresa Froitas do Rosal e membro da nosa Xunta Directiva na súa intervención sobre o Mirabel.
Rubén Álvarez Lomba, Director de Compras de ACR Eurobanan Galicia, na súa poñencia sobre a Comercialización en fresco de produtos Frutícolas
Clausura das Xornadas a cargo da Presidenta do GDR e alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González Álvarez e Marco García, Xerente do GDR
Cartaz das Xornadas
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.