Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
ELABORACIÓN DA CANDIDATURA DE TU MENÚ GOIÁN AO PREMIO A EXCELENCIA NA INNOVACIÓN DAS MULLERES NO MEDIO RURAL
Dende a Oficina do GDR, coa finalidade de dar a coñecer os traballos realizados e os proxectos executados dentro do Programa Leader Galicia 2007 - 2013 no noso territorio, colaboramos coa empresa Tu Menú Goián S.L. de Tomiño, elaborándolles a candidatura aos "Premios á Excelencia na Innovación das Mulleres no Medio Rural".
A candidatura presentóuse no mes de abril de 2011 e no mes de agosto do mesmo ano, se lles comunicou que estaban dentro das 12 gañadoras do premio a nivel nacional.
O galardón, foilles entregado en Madrid o 13 de outubro de 2011 pola Ministra de Medio Rural, Rosa Aguilar e consistiu nun Diploma como Gañadoras do Premio, a difusión do seu proxecto a nivel nacional e unha dotación económica de 25.000,00€.


 

Galería fotográfica
Gañadoras do Premio a nivel nacional
Entrega de Diplomas ás gañadoras en Madrid, coa presenza da Ministra Rosa Aguilar
Algunhas das galardonadas nos Premios á Excelencia na Innovación da Muller no Medio Rural xunto á Ministra Rosa Aguilar
Cartaz coa información do Proxecto de Tu Menú Goián no Ministerio
As promotoras de Tu Menú Goián, as irmáns Diana, Gelu e Raquel Carrera Sousa co Cartaz do seu Proxecto
As promotoras de Tu Menú Goián e o Equipo Técnico do GDR na entrega de Premios en Madrid xunto coa Ministra Rosa Aguilar
As gañadoras co Diploma Acreditativo na entrega de Premios
As Gañadoras coa Ministra Rosa Aguilar
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.