Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
VISITA DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE LETONIA AO TERRITORIO DO NOSO GDR
Durante os días 21 e 22 de novembro de 2011, o GDR foi anfitrion dun grupo de visitantes de Letonia pertencentes a diversos Grupos de Desenvolvemento Rural e Grupos de Acción Costeira do citado país.
Nesta ocasión, en colaboración co Grupo de Acción Costeira GAC 7 Ría de Vigo - A Guarda, organizamos diferentes visitas ao noso territorio, para darlles a coñecer os proxectos que se estaban a desenvolver nas nosas áreas e tamén ser partícipes do funcionamento dos GDR e dos GAC en Galicia.
Ademais das diversas visitas a proxectos, se realizaron dúas xornadas de traballo nas que tamén participaron os membros das Xuntas Directivas dos grupos anfitrións.
Nesta ocasión, o GDR cumpliu cos obxectivos da Unión Europea para o Programa Leader, en relación á cooperación con outros grupos tanto de Desenvolvemento Rural como de Acción Costeira e fomentou o intercambio de experiencias e coñecementos cos Grupos de Letonia.

Galería fotográfica
Visita a unha plantación de olivo en Tomiño da empresa aceites d´Inés
Visita do Grupa á Bodega Terras Gauda
Foto do Grupo nas Bodegas Terras Gauda
Visita ás plantacións de Kiwi España
Visita ás plantacións de Kiwi España
Desprazamentos do Grupo polo noso territorio
Visita á Lonxa de Baiona
Visita ao Museo Réplica da Carabela La Pinta en Baiona
Visita á Bodega Pazo de Valdomiño en Goián
Visita á Bodega de Pazo de Valdomiño en Goián
Sesión de traballo en Baiona
Sesión de traballo en Baiona, co noso Directivo Alfredo López e a Xerente do Grupo de Acción Costeira GAC7, Elena Herbello
Visita a un invernadeiro de cristal subvencionado polo Programa Leader en Tomiño, da promotora Mercedes Paredes
Visita á Tu Menú Goián, en Tomiño coa presenza da Presidenta do GDR Sangra González
Visita a Tu Menú Goián en Tomiño, Proxecto subvencinado polo Programa Leader e gañador do Premio á Excelencia na Innovación das Mulleres no Medio Rural
Sesión de Traballo na sede do GDR en Mos
Xantar na Tapería Rural O Alpendre en Mos, Proxecto subvencionado co Programa Leader Galicia 2007 - 20123
Entrega de Diplomas aos visitantes Letóns, a cargo da Presidenta do GDR e alcaldesa de Tomiño Sandra González, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo
Cea de despedida no Pazo de Mendoza, en Baiona
Actuación da Banda de Gaitas da Sociedade Atlántida de Matamá na cea de despedida
Durante a cea de despedida, elaboración da tradicional queimada no Pazo de Mendoza en Baiona
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.