Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
CONGRESO DESENVOLVEMENTO RURAL E LEADER "HORIZONTE 2014 - 2020"
O GDR participou na organización e no transcurso do Congreso de Desenvolvemento Rural e Leader "Horizonte 2014 - 2020" celebrado os días 7, 8 e 9 de novembro de 2012 en Santiago de Compostela, organizado pola Rede Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural.
O congreso tiña por obxectivo achegar a Metodoloxía Leader á poboación como ferramenta de desenvolvemento e elaborar propostas en positivo para o período 2014 - 2020. A asistencia foi de arredor de 300 participantes.
Para as temáticas a tratar no evento, se solicitou a colaboración dos distintos GDR´s galegos, para que organizasen mesas de debate ou xornadas nas súas zonas, e os resultados foron plasmados nas conclusións do Congreso en Santiago.
No caso do noso GDR, optamos por organizar unhas Xornadas sobre Discapacidade e Integración no Medio Rural, que se celebraron no Concello de Mos o día 22 de setembro de 2012, e as nosas conclusións finais, foron amosadas aos asistentes no Congreso de Desenvolvemento Rural e Leader pola nosa Presidenta Sandra González Álvarez.

Galería fotográfica
Programa do Congreso de Desenvolvemento Rural e Leader
Apertura do Congreso coa presenza do Director Xeral de Agader, Antonio Crespo, do Presidente da Rede de Grupos de Desenvolvemento Rural José Antonio Santiso, e o Presidente da Deputación de A Coruña Diego Calvo
Asistentes ao Congreso no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela
Presentación das conclusións das Xornadas celebradas no noso territorio sobre Discapacidade e Intedración no Medio Rural
A Presidenta do GDR Sandra González amosando as conclusións das nosas xornadas
Anxo Queiruga, Presidente de Cogami e colaborador do GDR na celebración das nosas xornadas
Vista da asistencia ao Congreso no Paraninfo da Facultade de Xeografría e Historia da Unidersidade de Santiago de Compostela
Asistencia de membros da nosa Xunta Directiva ao Congreso, Rosa Fernández e Delio Alonso da mesa de Montes e Medio Ambiente
Cartaz do Congreso de Desenvolvemento Rural e Leader
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.