Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
PARTICIPACIÓN NA ELABORACIÓN DA ESCOLMA DE PROXECTOS LEADER PUBLICADA POLA ASOCIACIÓN GALEGA DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL
A Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural, co fin de dar a coñecer os traballos realizados e a labor que os GDR´s fan nos territorios rurais, decidiu editar un pequeno libro, que recollese algún dos proxectos executados nos distintos territorios a través do Programa Leader Galicia 2007 - 2013 ata o ano 2012.
A escolma de proxectos, que así se denominou foi publicada a finais de 2012, e o noso GDR participou coa inclusión de 3 proxectos na citada publicación:

- Ampliación de explotación cun invernadorio de cristal para novos cultivos de Mercedes Paredes en Tomiño
- Posta en valor do patrominio natural e cultural de A Laxe, promovido pola Asociación de Veciños O Cruceiro de A Laxe, en Fornelos de Montes
- Ampliación de Peme mediante a posta en marcha dun servicio de Catering, sendo o promotor Tu Menú Goián, en Tomiño



Galería fotográfica
Portada da Escolma de Proxectos
Proxecto de Mercedes Paredes, de ampliación de explotación con invernadoiro de cristal para novos cultivos
Proxecto de Mercedes Paredes, pertencenta á Medida 411: Dinamización do Sector Agrario e Forestal
As dúas aportacións do noso GDR á Medida 413: Diversificación da Economía Rural e Mellora da Calidade de Vida na Escolma de Proxectos
Proxecto de Posta en Valor Natural e Cultural da Parroquia de A Laxe, en Fornelos de Montes
Proxecto Ampliación de Peme mediante a posta en marcha dun Servicio de Catering de Tu Menú Goián S.L.
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.