Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
COLABORACIÓN CO GRUPO FEMXA NO PROXECTO "AUMENTO DA COMPETITIVIDADE DAS ZONAS RURAIS A TRAVÉS DO POTENCIAL TURÍSTICO"

O Grupo Femxa, que participa no proxecto do Fondo Social Europeo "AUMENTO DA COMPETITIVIDADE DAS ZONAS RURAIS A TRAVÉS DO POTENCIAL TURÍSTICO” en Romanía, organizou unhas visitas de “boas prácticas” relacionadas con modelos de negocio creados en zonas rurais vencellados co sector do turismo; de forma que a adquisición de novos coñecementos empresariais contribúan a unha mellora da sostibilidade e a diversificación empresarial destas zonas de Romanía mediante negocios relacionados co sector do turismo.
Dentro desa programación, visitaron o noso territorio do 8 ao 12 de xuño de 2015, celebrando tamén diversas mesas de traballo e charlas informativas con axentes económicos, sociais e administrativos do territorio.
No marco dos proxectos LEADER, consideraron que as seguintes iniciativas poderían adaptarse perfectamente ao que estaban buscando:
- Enoturismo e catas: Adega Lagar de Fornelos en O Rosal
- Restauración: Tapería Rural “ A Carla” en Tomiño
- Diversificación: Licores Pazo de Valdomiño en Goián (Tomiño)

Asimesmo, o noso Xerente, Marco García, participou xunto co Xefe de Área de Relacións cos GDR´s de Agader, Alfonso Rurano Prieto nunha Xornada de traballo, na que explicaron a nosa dinámica de traballo e puxeron diversos exemplos da implantación de iniciativas Leader relacionadas co turismo no noso territorio.



Galería fotográfica
Alfonso Ruano Prieto de Agader, durante a súa intervención
Marco García, xerente do GDR durante a súa intervención
O Xerente do GDR Marco García, amosando aos asistentes exemplos de Proxectos Leader relacionados co turismo desenvolvidos no noso territorio
Marco Garcia, do GDR amosando exemplos de proxectos de recuperación patrimonial no noso terrirtorio
Vista xeral dos asistente á Xornada de traballo no Pazo Larache, en San Adrián de Cobres
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.