Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
PARTICIPACIÓN NO SEMINARIO SOBRE TURISMO SOSTIBLE: APLICACIÓN DA CARTA EUROPEA SOBRE TURISMO SOSTIBLE NOS PARQUES NACIONAIS
Entre os días 8 e 12 de xuño de 2015, o equipo técnico do GDR asistiu na sede do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, ao seminario sobre Turismo Sostible: Aplicación da Carta Europea de Turismo Sostible aos Parques Nacionais, organizado polo Organismo Autónomo Parques Nacionales e polo Centro Nacional de Formación Ambiental a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Os obxectivos deste curso consistiron en deseñar estratexias de sostibilidade para o turismo nos Parques Nacionais, formar e sensibilizar aos actores locais implicados, aos xestores dos espazos e de outras administracións relacionadas co turismo i en dar a coñecer e promocionar a Carta Europea de Turismo Sostible como ferramenta para a planificación participada do turismo sostible.
O GDR colabora co Parque Nacional a través da súa participación no Foro Permanente para a aplicación da Carta Europea de Turismo Sostible no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Galería fotográfica
Asistentes ao Curso de Turismo Sostible
Poñentes da sesión adicada a Turismo de Arqueoloxía Submarina
Asistentes ao Curso de Turismo Sotible
Asistentes ao Curso de Turismo Sostible
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.