Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE FORMACIÓN EN FINANCIAMENTO COMUNITARIO DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA EN BRUXELAS

O GDR MAIV - Miño, a través do seu xerente Marco e a técnica Eva, estiveron presentes no Programa de Formación en Financiamento Comunitario, organizado polo Fundación Galicia Europa en Bruxelas.
 
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa (FGE), Jesús Gamallo, inaugurou o programa de especialización en financiamento comunitario que durante unha semana formou en Bruxelas a máis de vinte profesionais de entidades públicas e privadas galegas. O programa contemplou unha formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020, ademais de visitar a Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Comité das Rexións (CdR) e o Comité Económico e Social Europeo (CESE) co obxectivo de coñecer de primeira man o funcionamento das institucións europeas.
 
A Fundación Galicia Europa convocou a finais de xuño este programa destinado á formación de 25 persoas na súa oficina de Bruxelas entre os días 22 e 25 de setembro. Máis de 70 profesionais presentaron as súas candidaturas
Finalmente, 25 técnicos de entidades públicas e privadas galegas participantes neste programa de especialización, onde estiveron representantes da Xunta de Galicia, Cámaras de Comercio, Consorcio Zona Franca de Vigo, Abanca e as deputacións de Lugo e Coruña. O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), os concellos de Lugo, Santiago de Compostela, Ribadavia e Ourense, SOGAMA, as dúas Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT) que existen en Galicia (Galicia-Norte de Portugal e Chaves-Verín), a Asociación de Desenvolvemento Rural da MAIV - Baixo Miño, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), e dous centros de FP galegos.
 
 
 


Galería fotográfica
Programa de Financiamento Comunitario en Bruxelas
Programa de Financiamento Comunitario en Bruxelas
Programa de Financiamento Comunitario en Bruxelas
Programa de Financiamento Comunitario en Bruxelas
Programa de Financiamento Comunitario en Bruxelas
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.