Proxectos    Proxectos "Propios de Dinamización Territorial"
XORNADAS SOBRE EMPRENDEMENTO E EMPREGO VERDE, ECONOMÍAS DE PROXIMIDADE E CIRCUITOS CURTOS DE COMERCIALIZACIÓN
Organizado polo Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) a petición dos xestores dos Parques Nacionais do noso país, do 13 ao 15 de setembro celebrouse en Valsaín (Segovia) un interesante curso sobre “Emprendimiento y empleo Verde, Economías de proximidad y Circuitos cortos de comercialización. O noso GDR estivo presente para coñecer as experiencias doutros territorios na creación de emprego no rural.

 Os obxectivos desta acción formativo foron:

§  Identificar oportunidades de emprendemento/emprego verde nas Reservas de Biosfera.

§  Coñecer experiencias demostrativas de emprego verde noutros territorios.

§  Mellorar o coñecemento sobre instrumentos/ferramentas para promover o empreo verde nas Reservas de Biosfera e os territorios rurais.

§  Identificar boas prácticas para o desenvolvemento de economías de proximidade e os circuitos curtos de comercialización.

§  Avanzar na creación de emprego verde e o desenvolvemento de economías de proximidade.



Galería fotográfica
Cartaz das xornadas
Asistentes ás xornadas
Poñencia sobre Emprego Verde
Poñencias sobre novos valores nas Reservas da Biosfera
Poñencia coa participación da Reverva da Biosfera de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Poñencia de César Blanco, Secretario do Grupo de Desenvolvemento Rural ADERCOU
Participantes durante a xornada de traballo
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.