Axenda sociocultural do territorio
15/02/2010
Obradoiro de pinturas e máscaras de entroido para nenos/ -as en Mos.
Os días 15 e 16, no Multiusos As Pozas e na Ludoteca San Rafael (Pereiras), de 10:00h a 13:00h desenvolveranse obradoiros de pinturas e marcaras de entroido para os máis pequenos.
15/02/2010
Entroido en Goián (Tomiño)
Organizado pola Asociación Entroido de Goián e en colaboración coa Concellaría de Cultura, a partir das 09:00h, pasarrúas de Treboadas, ás 13:00 "Gran Tortillada" e dende ás 21:00h, noite de baile amenizado polas orquestras Aramio e Passarela.
14/02/2010
Desfile de entroido no Concello de Mos.
En Sanguiñeda, a partir das 17:00h, terá lugar o desfile de entroido, acompañado polo concurso de orellas e concurso de disfraces.
14/02/2010
Entroido de Goián, no Concello de Tomiño.
Terá lugar o día 14, sendo ás 12:00h o desfile infantil, a partir das 16:00h haberá xogos populares e dende as 21:00h, noite de baile e concurso de disfraces amenizado polas orquestras Superrama e Trova.
14/02/2010
Desfile da Comparsa de entroido de Matamá polas rúas da parroquia.
Desfile da comparsa de entroido de Matamá polas rúas da parroquia de Matamá ás 12:00h.
14/02/2010
Concurso de coplas de entroido no Concello de Vigo.
Concurso de coplas de entroido no Concello de Vigo ás 18:00h.
14/02/2010
Desfile de comparsas de entroido polas rúas do Concello
O desfile de comparasas de entroido, terá lugar o domindo día 14, ás 18:00h, polas rúas do Concello de Redondela.
13/02/2010
Cea de disfraces para a mocidade no Concello de Mos.
Cea de disfraces para a xuventude de Mos no convento de Vilavella (Redondela) a partir das 22:00h.
13/02/2010
O Sétimo Festival "Taiña" enche Goián de festa de disfraces o vindeiro sábado día 13 de febreiro.
O Festival "Taiña", é orgamnizado pola Asociación Xuvenil Taína e pola Concellaría de Mocidade e Promoción Económica. Actuarán O LEO I ARRECHEMECAGHONA, LA VAGA BANDA, LOS SUNDAYERS e SKAKEO. Máis información www.myspace.com/festivaltaina.
13/02/2010
Desfile de comparsas de entroido polas rúas do Concello de Vigo.
Desfile de comparsas de entroido polas rúas do Concello de Vigo a partir das 19:00h.
12/02/2010
Baile de disfraces para membros dos colectivos ASODIFISI, Escravas da Virxe Dolorosa e ACCESCA.
Terá lugar no Multiusos de As Pozas, no Concello de Mos a partir das 16:30h.
12/02/2010
Talía Teatro presenta "Palabras Encadeadas" no Teatro Municipal de Tui.
O venres día 12 ás 21:30h, no Teatro Municipal de Tui, Toño Casais e María Ordóñez son os dous actores que darán vida a un psicópata e unha enfermeira na obra "Palabras Encadeadas". Máis información: www.taliateatro.es.
12/02/2010
O "Venres de Foliada" reunirá en Tomiño a unha treintena de comparsas con máis de 1.500 compoñentes.
O día 12 de febreiro terá lugar o tradicional desfile de Entroido "Venres de Foliada", un dos máis populosos da comarca, que dará comezo ás 22:00h no torreiro de festas do Alivio.
05/02/2010
Da man de Caramuxo Teatro, os máis pequenos poderán disfrutar da obra de teatro "Os Bolechas" no Teatro Municipal de Tui
Da man de Caramuxo Teatro, os máis pequenos poderán disfrutar da obra de teatro "Os Bolechas" no Teatro Municipal de Tui. A función é ás 20:00h e poden obter máis información na Web www.caramuxoteatro.net
04/02/2010
Obradoiro de Larpeiradas de Entorido no Concello de Mos.
Do 4 ao 15 de febreiro, de 17:00h a 20:00h, nos centros vaciñais e culturais de todas as parroquias do Concello de Mos realizaranse obradoiros de larpeiradas de Entroido.
03/02/2010
Presentación Programación Cultural do primeiro semestre do ano 2010 do Concello de Tui.
Presentación Programación Cultural do primeiro semestre do ano 2010 do Concello de Tui.
03/02/2010
San Blas
San Blas en Tomiño e Romería de San Blas en Mañufe (Gondomar)
02/02/2010
Exposición "Maquila Boutique" na Área Panorámica de Tui
Exposición de artistas plásticos onde se denuncua a explotación na industria téxtil e se presentan posibles alternativas a esta explotación.
02/02/2010
Exposición "Arte con Lapis" na Área Panirámica de Tui
Dende o 2 de febreiro ata o 18 do mesmo mes, poderédes disfrutar da exposición "Arte con Lapis", unha mostra de debuxos da nova creadora tudense Belén Fernández Guisande.
02/02/2010
San Blas
San Blas. Pazos de Borbén

[435 eventos - Página 20 de 22]   [anteriores] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [seguintes]

GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL
© 2009 AGDR18.org. Tódolos dereitos reservados.